Chechenia - Нохчичьо
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A República de Chechenia (en ruso: Чеченская Республика; en checheno: Нохчийн Республика/Noxçiyn Respublika), (en ruso: Чечня, en checheno: Нохчичьо/Noxçiyçö), Chechenia, é unha república constitucional Rusa. Linda a noroeste co krai de Stavropol, a norleste e leste coa república do Daguestán, ao sur coa Xeorxia, e a oeste coas repúblicas de Ingusetia e Osetia do Norte. Está localizada nas montañas do norte do Cáucaso, no Distrito Federal do Sur.
|
|||||
Lema nacional: Ningún |
|||||
Linguas oficiais | Ruso, checheno | ||||
Capital | Grozny | ||||
Presidente | Alu Alkhanov | ||||
Primeiro Ministro | Ramzan Akhmadovich Kadyrov | ||||
Área - Total - % Auga |
79° maior 17.300 km² Despreciable |
||||
Poboación - Total (1997) - Densidade |
- 862.000 50 h/km² |
||||
Independencia - Declarada - Recoñecida |
De Rusia - 1990 - Non foi recoñecida internacionalmente |
||||
Moeda | Rublo | ||||
Fuso horario | UTC +3 | ||||
Código telefónico | 7 (Rusia) |
Despois do fin da Unión Soviética, un grupo de líderes chechenos declarouse como goberno lexítimo, anunciando un novo parlamento e declarando a independencia como República Ichkeria da Chechenia. Ata hoxe, a súa independencia non foi recoñecida por ningun país. Entre tanto, esta declaración ten causado conflitos armados en que diversos grupos rivais chechenos e o exército da Rusia, resultando en aproximadamente 150.000 mortos, no período entre 1994 e 2003.
[editar] Historia
Como parte do Imperio Ruso desde 1859, a rexión da Checheno-Ingusetia foi incorporada como República Socialista Soviética Autonoma da Checheno-Ingushkaya durante a fundación da Unión Soviética. Durante o réxime soviético, os chechenos sofreron deportacións para a entón República Socialista Soviética do Casaquistán e para Siberia durante a Segunda Guerra Mundial. Despois do derrube da Unión Soviética, un movimento de independencia surxiu na Chechenia, non admitida por Rusia.
Dzhokhar Dudayev, presidente nacionalista da República da Chechenia, declarou a independencia chechena en 1991. En 1994 o presidente da Rusia Boris Yeltsin enviou 40.000 soldados para evitar a separación da rexión da Chechenia, importante produtora de petróleo, da Rusia.
A Rusia entrou nunha guerra que alguns comparon ao que foi a guerra do Vietnam para os EUA. Os insurxentes chechenos infrinxiron grandes baixas aos rusos. As tropas rusas non conseguiron capturar a capital chechena, Grozny, ata o fin daquel ano. Os rusos finalmente tomaron Grozny en febreiro de 1995 despois de pesada loita. En agosto de 1996 Yeltsin concordou con un alto-o-fogo cos líderes chechenos, e un tratado de paz foi formalmente asinado en maio de 1997.
O conflito retornou en 1999, tornando sen sentido o acordo de 1997. Os separatistas chechenos aínda queren a independencia da Chechenia e organizaron ataques na Chechenia e en outras rexións da Rusia, incluindo Moscova. Unha década de guerra deixou a maior parte da Chechenia baixo control militar.
En setembro de 2004, unha escola de Beslan, na república rusa da Osetia do Norte, foi palco dunha das maiores barbaries da actualidade. Terroristas aprisionaron, torturaron e mataron cativos, pais e profesores. O líder separatista checheno Shamil Basayev asumiu ese e outros ataques (como a explosión do metro de Moscova, en febreiro de 2004).