Comunidade autónoma
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Política |
---|
Poderes |
Executivo | Lexislativo | Xudicial |
Formas de Goberno |
Monarquía | República | Anarquía |
Réximes e Sistemas |
Parlamentarismo | Presidencialismo | Democracia | Ditadura | Absolutismo | Autoritarismo | Rexencia |
Tipos de Poder |
Aristocracia | Autocracia | Burocracia | Caciquismo | Cleptocracia | Corporativismo | Corporocracia | Demagoxia | Meritocracia | Minarquía | Oclocracia | Oligarquía | Plutocracia | Sociocracia | Tecnocracia | Teocracia | Caudillismo | Coronelismo | Nepotismo | Fisioloxismo |
Clases de Estado |
Cidade-estado | Colonia | Confederación | Federación | Imperio | Principado | Protectorado | Reino | República |
Conceptos |
Activismo | Congreso | Corrupción | Doutrina | Estado | Goberno | Hexemonía | Ideoloxía | Lexislatura | Liberdade | Nación | Partido | Patria | Parlamento | Soberanía | Tiranía | País |
Procesos |
Eleccións | Golpe de Estado | Revolución | Manifestación | Independencia | Plebiscito | Referendo | Protesta | Represión | Lobby |
División administrativa |
Cantón | Comunidade Autónoma | Deputación | Concello | Estado | Provincia |
Cargos e Postos |
Chanceler | Concelleiro | Conselleiro | Deputado | Ditador | Edil | Emperador | Ministro | Prefecto | Presidente | Primeiro Ministro | Rei | Senador |
Disciplinas |
Ciencia Política | Diplomacia | Filosofía Política | Historia Política | Metapolítica | Política Internacional | Teoría Política | Xeopolítica |
Ideoloxías |
Esquerdismo | Dereitismo Carlismo | Comunismo | Fascismo | Liberalismo | Populismo | Socialdemocracia | Socialismo | Democracia cristiá |
Actitudes |
Clientelismo | Chauvinismo | Colectivismo | Colonialismo | Conservadurismo | Elitismo | Imperialismo | Neo-imperialismo | Intervencionismo | Isolacionismo | Nacionalismo | Oposicionismo | Pacifismo | Radicalismo | Separatismo | Tradicionalismo | Pluripartidarismo | Bipartidarismo e | Unipartidarismo Abstención | Amnistia | Desobediencia civil | Disidencia | Multiculturalismo |
Unha comunidade autónoma é unha entidade territorial que, dentro do ordenamento constitucional do estado español, está dotada de certa autonomía lexislativa e competencias executivas, así como da facultade de administrarse mediante os seus propios representantes.
A estrutura do Estado Español en Comunidades Autónomas recóllese na Constitución española de 1978. O artigo 2 recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que compoñen o Estado. Esta disposición baséase na premisa da unidade indisoluble do estado español, patria de tódolos españois.
O texto da Constitución establece os poderes que poden ser asumidos polas Comunidades Autónomas e aqueles que só se lle poden atribuír ó Estado.
A división política e administrativa de España ten a forma de 17 comunidades autónomas, ademáis de Ceuta e Melilla, cuns estatutos de autonomía que lles outorgan o rango de Cidades autónomas.
A promulgación da Constitución Española de 1978, que recolle o dereito de autonomía das nacionalidades e rexións que compoñen o estado español, supuxo un cambio total con respecto ao réxime anterior, que se baseaba en plans centralizados tradicionais. Isto daba resposta a un problema que xa xurdira repetidamente na historia de España como resultado das diferentes identidades sobre as que se construíu a unidade do estado español.Unha parte significativa da povoación nega ainda hoxe que concorde con esta unidade do estado español mentres non se recoñeza totalmente a existencia de soberania nacional das nacións do estado minorizadas.
Tras a ratificación da Constitución Española, e como resultado da implementación dos principios contidos no Título VIII, no curso duns poucos anos completouse o proceso de instauración das 17 Comunidades Autónomas e foron aprobados os seus estatutos. Foron tamén dotadas do seu propio órgano de goberno e institucións representativas.