Escrita xaponesa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navigador non está coa configuración axeitada, talvez vexa caracteres estraños. |
A escrita xaponesa comprende tres sistemas de escrita clásicos e un de transcripción:
- Kana, silabarios
- Kanji, caracteres de orixe China
- Romaji, representación do xaponés co alfabeto romano
A seguinte táboa amosa exemplos de escrita nestes sistemas:
Kanji | Hiragana | Katakana | Romaji | Galego |
---|---|---|---|---|
私 | わたし | ワタシ | watashi | Eu |
男 | おとこ | オトコ | otoko | home |
煙草 | たばこ | タバコ | tabako | tabaco, cigarro |
[editar] Elección de escrita
Todas as palabras en xaponés poden ser escritas en katakana, hiragana, ou romanji. Moitas palabras teñen tamén a súa escrita en kanji . A elección do sistema de escrita depende de moitos factores.
De seguido amósase un exemplo dun titular de xornal que usa os catro tipos (un titular do Asahi Shimbun do 19 de abril de 2004) (kanji vermello, hiragana azul, katakana verde, rōmaji e numerais árabes en negro):
- ラドクリフ、マラソン五輪代表に1万m出場にも含み
- radokurifu, marason gorin daihyō ni 1 man m shutsujō ni mo fukumi
- "Radcliffe, participante do maratón olímpico, aparecerá tamén nos 10 000 m"
Algunas palabras xaponesas escríbense con diferentes kanji dependendo do significado, polo que nestes casos débese utilizar kanji en lugar de kana para evitar erros. Por exemplo, a palabra hi (ひ) tén moitos significados entre eles, sol (日) e mais lume (火), polo que o uso do kanji é decisivo para a comprensión escrita da palabra.