Estonia - Eesti
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Lema nacional: non ten | |||
Lingua oficial | Estoniano | ||
Capital | Talín | ||
Presidente | Toomas Hendrik Ilves | ||
Primeiro ministro | Andrus Ansip | ||
Área - Total |
129º maior 45,226 km² |
||
Poboación |
150º máis poboados 1,408,556 |
||
Independencia - Declarada |
da Rusia 24 de febreiro de 1918 |
||
Moeda | Coroa estoniana (kroon) | ||
Fuso horario | UTC +2 | ||
Himno nacional | Mu isamaa, mu õnn ja rõõm | ||
TLD (Internet) | .EE | ||
Código telefónico | 372 |
Estonia é un dos tres Países Bálticos, constituído por unha porción continental e un gran arquipélago no Mar Báltico. Linda ao norte co Golfo da Finlandia e, a través del, con Finlandia, ao este con Rusia, ao sur con Letonia e ao oeste co Mar Báltico. A capital e Talín.
Índice |
[editar] Historia
Artigo principal: Historia da Estonia
Durante anos formou parte da URSS baixo o nome de República Socialista Soviética de Estonia.
[editar] Política
A Estonia é unha democracia constitucional, cun presidente electo polo parlamento (eleccións de cinco en cinco anos), que só ten unha cámara. O goberno ou ramo executivo, está composto polo primeiro ministro, nomeado polo presidente, e por un total de 14 ministros. O goberno noméao o presidente despois de ser aprobado polo parlamento.
O poder lexislativo pertence ao parlamento, denominado Riigikogu ou Asemblea do Estado, que ten 101 escanos. Os deputados son eleitos por voto popular para mandatos de 4 anos. O supremo tribunal xudicial é o Tribunal Nacional, ou Riigikohus, com 17 xuízes, cuxo presidente é nomeado vitaliciamente polo parlamento despois de ser nomeado polo presidente da república.
[editar] Xeografía
Artigo principal: Xeografía de Estonia
Situada entre os 57,3º e os 59,5º de latitude e os 21,5º e os 28,1º de longitude, a Estonia estendese polas costas orientais do mar Báltico, na parte noroeste da plataforma da Europa oriental. A elevación média é de apenas 50 m.
Os depósitos de xisto betuminoso (ou kukersite) e de pedra calcaria, ben como as florestas que cobren 47% do territorio, desempeñan papeis chave na economía deste país pobre en recursos. A Estonia contén máis de 1.400 lagos (a maioria son moi pequenos, mais o maior, o lago Peipsi, ten 3 555 km² de superfície), numerosos pauis, e 3 794 km de costa recortada con numerosas baías, estreitos e enseadas. O número de illas e illtes está estimado en preto de 1. 500, sendo dúas delas suficientemente grandes para constituir condados: Saaremaa e Hiiumaa.
O punto máis elevado é o Suur Munamägi no canto surleste do país (318 m).
[editar] Subdivisións
Artigo principal: condados de Estonia
Estonia atópase dividida en 15 condados, "maakonnad" chamados en estonio. Ao frente do nome está a capital do condado.
- Harjumaa - Talín
- Hiiumaa - Kardla
- Ida-Virumaa - Johvi
- Jarvamaa - Paide
- Jogevamaa - Jogeva
- Laanemaa - Haapsalu
- Laane-Virumaa - Rakvere
- Parnumaa - Parnu
- Polvamaa - Polva
- Raplamaa - Rapla
- Saaremaa - Kuressaare
- Tartumaa - Tartu
- Valgamaa - Valga
- Viljandimaa - Viljandi
- Vorumaa - Voru
[editar] Economía
En 1999, Estonia tivo o seu mellor ano económico dende que obtivo a independencia no 1991, en gran medida debido ao impacto da crise financeira rusa de agosto de 1998. Estonia aderiuse á OMC en Novembro de 1999 – foi o segundo estado báltico a aderir – e proseguiu as conversacións para adhesión á UE, da que forma parte dende o 1 de maio de 2004. A privatización da enerxía, telecomunicacións, ferroviais e outras empresas estatais é un proceso continuo. A economía estoniana ten sofrido un crecemento rápido, en parte debido á relocalización no país de varias empresas finlandesas. Ten un sector IT (tecnoloxía industrial) forte.
Unión Europea | |
Alemaña | Austria | Bélxica | Chequia | Chipre | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Malta | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Suecia | |
Membros despois de 1 de xaneiro de 2007: | |
Bulgaria | Romanía | |
Países candidatos: | |
Croacia | Macedonia | Turquía |
Países do mundo | Europa |
Albania | Alemaña | Andorra | ARI Macedonia | Austria | Bielorrusia | Bélxica | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano |
Países con parte do seu territorio en Europa |
Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) | |
---|---|
Alemaña | Bélxica | Bulgaria | Canadá | Chequia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estados Unidos | Estonia | Francia | Grecia | Hungría | Islandia | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | Turquía |
Categorías: Países | Europa | Estonia