Fervenza
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha fervenza, abanqueiro, cachoeira, cadoiro ou salto é unha caída de auga desde certa altura provocada por un desnivel na canle dun río.
Unha fervenza componse da censa que é o salto de auga propiamente dito, a fervenza propia onde se forma a escuma e a mergulleira onde a auga da fervenza se sumerxe.
As grandes fervenzas denomínanse cataratas e as pequenas cachóns.
[editar] Fervenzas galegas
- fervenza das Hortas no regato de Saímes, entre Arzúa e Touro
- Fervenza do Barbantiño, en Ourense
- Fervenza do río Toxa, en Bandeira, Manduas, Silleda
- Fervenza do Xallas
- Fervenza do Cenza, en Vilariño de Conso
- Pozas de Melón
- Fervenza da Férveda, en Escuadro, Silleda
- Fervenza de Sampaio, en Carballo
[editar] Cachóns galegos
- Cachón do Mao
- Cachón do Arenteiro, no Carballiño
- Cachón do Arnoia
- Cachón do Tambre
[editar] Cataratas
- As cataratas do Niágara no estado de Nova York (EUA)
- As cataratas do Iguazú na fronteira entre Paraguai e Brasil