Gato
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Gato | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Felis silvestris catus Felis silvestris domesticus |
||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
O gato (Felis silvestris catus) é un mamífero doméstico da familia dos felinos, con unllas retráctiles, carnívoro, de pelaxe espesa e suave.
[editar] Características
O gato doméstico (Felis silvestris domesticus) oscila normalmente entre os 3 e os 8 kg de peso. Algúns gatos, coma os da raza ragdoll, poden pesar máis de 8 kg. Os gatos domésticos viven uns 15 anos se reciben bos coidados. o gato máis lonxevo documentado viviu 34 anos. Na rúa, suxeitos a presións pola comida, o territorio e as enfermidades, os gatos non soen vivir máis de dous anos.
Os gatos teñen unha grande variedade de pelaxes e cores, aínda que a grandes trazos sóese distinguir entre pelo longo e pelo curto. Como curiosidade, a raza sphinx non ten pelo. A gran maioría de gatos no mundo (99%) son de raza mixta, e o 1% restante son de raza pura. Algúns destes últimos participan nas innumerables exposicións de gatos que se realizan en diversos lugares.
O rabo serve para manter o equilibrio, e pode variar moito en tamaño. Nos gatos da raza manx, a cola é inexistente. Os seus dentes e poutas están adaptados ao seu estilo de vida carnívoro.
As femias están preñadas 55 días e paren entre 2 e 6 gatiños, aos que dan de mamar entre 3 e 4 semanas. Os gatiños nacen cos ollos pechados, e así permanecen os primeros días de vida.
Con relación ao seu tamaño, os gatos ben poden ser o mellor dos depredadores cunha taxa de éxito que rolda o 90%. O gato ten unha arquitectura corporal que lle dá enorme flexibilidade, resistencia e forza. Pode cazar e comer máis de cen especies distintas, e utiliza as técnicas de depredación dos demáis felinos: axexar con paciencia, turrar con rapidez e propinar unha trabada certeira á caluga da presa que lle rompa a medula espinal ou a asfixie.
[editar] Galería de imaxes de gatos
Gato en Barraña, Boiro |
Gato en Mandaio, Oza dos Ríos |
Gato en Mandaio, Oza dos Ríos |
Gato en Cuntis |
Gato en Mandaio, Oza dos Ríos |
Gato en Barraña, Boiro |