Inesivo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En gramática, inesivo é o nome dun caso no que vai unha palabra cando se quere indicar o lugar en cuxo interior se realiza a acción o proceso do verbo. En galego correspóndese coa preposición "en" ou con "dentro de".
Por exemplo, en turco evlerimde significa "dentro das miñas casas", de ev, "casa". En finlandés, "na casa" é talo·ssa, maja·s en estonio, etxea·n en éuscaro e "ház·ban" en húngaro.
[editar] Linguas aglutinantes
Nas linguas aglutinantes, este caso exprímese habitualmente mediante un afixo:
- sufixo -ssa en finlandés: talo "maison" → talossa "na casa"
- sufixo -s en estonio: maja "casa" → majas "na casa"
- sufixo -ban/-ben en húngaro: a ház "a casa" → a házban "na casa"
- sufixo -ni/-de en xaponés: ie "casa" → iede/ieni "na casa"
[editar] Linguas flexivas
Nas linguas flexivas, o caso exprésase normalmente mediante unha preposición, ou tameń mediante flexión:
- preposición à en francés: la maison, "a casa" → à la maison "na casa" (en galego, a preposición é en).
- preposición in e flexión do dativo en alemán: das Haus "a casa" → in dem Haus(e) ou im Haus(e)
En certas linguas indo-europeas, a utilización dunha flexión permite opor o inesivo e o ilativo, que fan uso normalmente da mesma preposición:
- en latín
- en alemán:
Noutras linguas desta familia, entre elas o galego, esta oposición ven dada unicamente polo contexto ou polo cotexto (por exemplo, pola utilización un verbo de movimento ou estático).