ISP
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
[editar] ISP´s
Os ISP´s (Internet Service Provider), ou “proveedores de servicios de Internet”, son as empresas adicadas a conectar ós usuarios a Internet, e dar outras prestacións relacionadas ca rede (venda de dominios web, etc.)
Existen numerosas empresas ISP, e conviven seguindo unha xerarquía.
Evidentemente, ó grado de implantación no terreo é quen marca o tipo de ISP (local, rexional ou nacional). Por exemplo, empresas como Jazztel ou Retevisión teñen unha cobertura (rede) propia a nivel nacional (en España), mentres que existen outras como Nora cunha rede a nivel local (neste caso en León). Estas pequenas empresas non poden acceder fora da cidade ca súa propia rede, polo que deberán “alugar” liñas a ISP´s maiores para poder ofrecer o acceso á rede ós seus clientes. En cambio, o intercambio de tramas entre ISP de maior nivel (nacionais) farase mediante acordos comerciais de igual a igual (peering).
EVOLUCIÓN da rede en España
Debido ó problema das diferentes coberturas dos ISP´s e á necesidade de ter que intercambiar a información entre elas, as veces o percorrido dos datos era innecesariamente longo. Un exemplo moi claro é o seguinte:
Como pode ollarse na imaxe, o percorrido que as tramas de información teñen que seguir é absurdo. Esto debese a que o intercambio entre ISP´s locales é imposible, e por eso, aínda que os dous usuarios estean na misma cidade, o fluxo de datos ten que pasar por ISP´s extranxeiros, ata chegar a un punto onde poda realizarse un intercambio entre diferentes redes. Estes puntos chámanse NAP´s (Puntos de Acceso Neutro).
A solución, en certa parte, do problema, chegou en xaneiro de 1997 coa creación do espanix, o punto de acceso neutro español. Alí, os ISP´s nacionais conectan os seus equipos a un backbone (rede principal), permitindo ós seus usuarios ter unha conexión directa cos demais ISP´s operativos en España e reducindo así, os tempos de demora.
Ademais do espanix, existe outro NAP no territorio nacional. Este situase en Catalunha, é un punto neutro rexional e chámase Catnix. Fora das nosas fronteiras, o NAP máis salientable é, evidentemente, o europeo (euro-ix). Consta de catro puntos físicos comunicados entre eles con redes especiais adicadas e de enormes anchos de banda.