Mineraloxía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A mineraloxía é a ciencia que estuda os minerais e as súas propiedades físicas e químicas. Por mineral entendemos unha materia de orixe inorgánica, que presenta unha composición homoxénea e que acostuma presentarse en estado sólido e cristalino á temperatura media da terra. Así e todo, hai minerais, como a auga e o mercurio, en estado líquido.
Un mineral defínese pola súa composición e pola súa cristalografía. Por exemplo, o carbono cristaliza no sistema cúbico, e chamámoslle diamante; en cambio, se cristaliza no sistema hexagonal, chamámoslle grafito. Só pola súa apariencia, xa recoñecemos que son dous minerais diferentes, pero coa mesma composición química.
- Cristalografía.
- Mineraloxía física.
- Mineraloxía química.
- Mineraloxía descritiva.
- Mineraloxía determinativa.
- Mineraloxía óptica.
[editar] Véxase tamén
- Cristaloquímica
- Cristal
- Rocha
- Xema
- Xemoloxía