Molusco
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Moluscos |
Regnum: Animalia |
Subregnum: Metazoa |
phylum: Mollusca |
classis:
|
Os moluscos son animais invertebrados de corpo brando, espido ou protexido por unha cuncha; coma o caracol, a ostra ou a lesma.
Calcúlase que pode existir unhas 100 mil especies.
Son animais de corpo suave, con tres características únicas no reino animal polas cales se identifican:
- Un pé muscular,
- Unha cuncha calcárea secretada por un integumento subxacente chamado manto e
- Un órgano de alimentación chamado rádula (formada por fileiras de dentes quitinosos curvos).
Os moluscos clasifícanse en: monoplacóforos, caudofoveados, aplacóforos, poliplacóforos, escafópodos, cefalópodos, bivalvos e gasterópodos.
[editar] Crecemento
O patrón básico dun molusco consiste nun organismo de corpo suave, bilateralmente simétrico, oval e unha cuncha en forma de chapeu chinés. A cuncha fórmaa unha capa de pel que ten a facultade de segregar e compor novas capas de calcio. A parte máis activa está no bordo do manto, isto permite que a cuncha creza. Outra estrutura de importancia taxonómica é o perióstraco, que consiste nunha capa de pel que recubre a cuncha e que tamén é segregada polo manto. O molusco, que inicia a súa vida en forma de minúscula larva chamada trocófora, vai construíndo á súa ao redor a súa concha, depositando calcio desde o manto. Cada concha ten un deseño diferente e ese modelo único vai pasando de xeración en xeración.
As súas formas de alimentación son enormemente variadas. Poden ser fitófagos, como as lapas, carnívoros, como os conos, filtradores, como as ameixas, e tamén os hai detritívoros.
[editar] Reprodución
Os moluscos reprodúcense de forma sexual. Moitos son hermafroditas dioicos, isto é que non poden fecundarse a eles mesmos.
A fecundación pode ser interna ou externa (no medio mariño). Dependendo da especie o ovo dará lugar a un ser formado que unicamente deberá crecer ata dar lugar ao molusco adulto, ou deberá pasar por un estado larvario con posterior metamorfose.