Número defectivo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Sistema numérico en matemáticas. | |
Elementais | |
Naturais {0,1,2,3...}
Enteiros {...-2,-1,0,+1,+2,...}
, etc}
i Unidade imaxinaria
|
|
Extensións dos números complexos | |
Bicomplexos |
|
Especiais | |
Nominais |
|
Outros importantes | |
Secuencias de enteiros |
|
Sistemas de numeración | |
|
En matemática, un número defectivo (número defetivo) ou número deficiente é un enteiro n para o cal σ(n) < 2n. A función σ(n) é a función divisor: a suma de todos os divisores positivos de n, incluíndo o propio n. O valor 2n − σ(n) é a defectividade de n.
Un número non defectivo chámase número abundante.
Os números defectivos foron introducidos por Nicomachus na Introductio Arithmetica (arredor do ano 100). Os primeiros son: 1, 2, 3, 4, 5, 7, 8, 9, 10, 11, 13, ... (secuencia A005100 na OEIS).
Existe un número infinito de números defectivos pares e números defectivos impares. Por exemplo, todos os números primos, as súas potencias e todos os divisores propios dos números defectivos e dos números perfeitos son defectivos.