Partido Republicano Popular
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Partido Republicano Popular (Cumhuriyet Halk Partisi, CHP) é un partido socialdemócrata e de carácter secular de Turquía fundamentado na ideoloxía kemalista do seu fundador Mustafa Kemal Atatürk.
Principal partido da oposición en Turquía con 154 dos 550 asentos da Grande Asemblea Nacional de Turquía.
Fundado en 1923 para dar cobertura á política nacionalista e secularista de Atatürk foi o único partido legal ata 1938 e na práctica ata 1950 ó perde-las eleccións.