Río Grande do Sur - Rio Grande do Sul
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Rio Grande do Sul
|
|||
---|---|---|---|
Capital | Porto Alegre | ||
Área: | 281.748,5 km² | ||
Poboación | 10.512.283 (est. 2003) | ||
Fuso horario | GMT-3 | ||
Gobernador | Germano Antônio Rigotto | ||
Mapa | |||
O Río Grande do Sur e o estado máis meridional do Brasil. Limíta ó norte co Santa Catarina, ó leste co Océano Atlántico, ó sur coa República Oriental do Uruguai e ó oeste coa Arxentina. A súa capital e Porto Alegre.
[editar] Economía
Industria É o máis grande productor de calzados do Brasil, axudado polo unha importante gandería. Tamén produce cigarros, productos petroquímicos, madeira e derivados. O fabricante de automóbiles General Motors abriu unha planta de producción no estado, que pode producir ata 200 mil vehículos por ano, dato iste que tamén atrouxo a construccións de fábricas de pezas automobilísticas para o estado.
Agricultura e Gandería O estado e importante productor de arroz (vendido para todo o país), soxa (co destaque para a soxa transxénica), millo e trigo. Tamén produce tabaco usado para producir cigarros que o estado exporta. Na Serra Gaúcha (nas cidades de Bento Gonçalves, Caxias do Sul e Garibaldi) cultivase a vide, de cuia uva, e usada para producir viño.
Turismo Outra importante fonte de renda do estado, co destaque para as rexións da Serra Gaúcha de colonización alemán e italiana cos seus costumes típicos. Tamén o seu litoral (cidade de Torres); a rexión do Pampa co súa atividade de gandería e os costumes dos gaúchos; a Rexión das Misións Xesuítas (cidade de Santo Ângelo); e a rexión do Banhado do Taim, que alberga mamíferos (roedores, carnívoros), réptis e aves, moitos ameazados de extinción.
[editar] Poboación
A poboación do estado descende de inmigrantes europeos, co destaque para os italianos e alemáns que fundaron cidades na rexión da Serra Gaúcha pero tamén de portugueses, principalmente das illas Azores (estes en Porto Alegre e no litoral).
O gaúcho típico resulta da mezcla de españóis e portugueses co indios guaraní e charrua (unha etnia hoxe extinta) e tamén africanos. Descenden dos primeiros poboadores da pampa, instalados a partires do século XVI, que vivían de caza-lo gando creado, solto e que se tornara salvaxe nesta rexión de pastos naturais. Existen gaúchos tamén na Arxentina e no Uruguai. Hai tamén uns poucos índios puros, de etnias guaraní e kaingang.
[editar] Ligazóns externas
- Goberno do estado do Río Grande do Sur página en portugués.
- Universidade Federal do Rio Grande do Sul principal institución de ensino superior do estado.