Sudáfrica - Ningizimu Afrika
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Lema: !ke e: /xarra //ke (Unión na diferenza dos pobos (enKhoisan de /Xam) [1] | |||
Linguas oficiais | Afrikaans, Inglés, Zulu, Xhosa, Swazi, Ndebele, Sotho do Sur, Sotho do Norte, Tsonga, Tswana e Venda | ||
Capitais | Cidade do Cabo (lexislativa) Pretoria (administrativa) |
||
Maior cidade | Cidade do Cabo (censo de 1991) | ||
Presidente | Thabo Mbeki | ||
Área - Total - % auga |
24º 1,219,912 km² despreciable |
||
Poboación
|
26º
|
||
Independencia -Data1 |
do Reino Unido: |
||
Moeda | Rand | ||
Fuso horario | UTC +2 | ||
Himnos nacionais | Nkosi Sikelel iAfrica (Deus abenzoe a África) Die Sten van Suid Afrika (O chamamento da África do Sur) |
||
TLD (Internet) | .ZA | ||
Código telefónico | 27 | ||
(1) Formado como Unión da África do Sur. O nome mudou para República da África do Sur o 31 de maio de 1961. |
A Sudáfrica ou África do Sur é o país mais meridional de África, limitado a norte pola Namibia, polo Botsuana e polo Cimbabue, a leste por Mozambique e pola Suacilandia, ao leste e ao Sur polo Océano Índico e ao oeste polo Océano Atlántico, e rodeando por completo o Lesoto. Ten tres capitais: Cidade do Cabo (lexislativa), Pretoria (administrativa), e Bloemfontein (xudicial).
Índice |
[editar] Historia
- Ver artigo principal: Historia de Sudáfrica.
África do Sur é un dos estados-nacións mais antigo de África. Cando os primeiros colonos neerlandeses chegaron a ela no 1652, a África do Sur estaba habitada por tribos africanas como os khoi, os san, os xhosa e os zulú. Inglaterra foi conquistando progresivamente o poder aos neerlandeses, contra os cais trabaron tres guerras: a guerra Anglo-Holandesa e mailas dúas guerras dos Boers. No 1910 as catro repúblicas da región unironse para formar a Unión da África do Sur. No 1931 a África do Sur tornouse un Dominio británico totalmente soberano. No 1961 tornouse nunha república.
Véxase tamén a historia do Apartheid
[editar] Política
O goberno surafricano funciona segundo un sistema parlamentario, se ben que o Presidente da África do Sur sexa ao mesmo tempo xefe de estado e xefe de goberno. O presidente é eleito nunha sesión conxunta do parlamento bicameral, que consta dunha Asamblea Nacional (National Assembly), ou cámara baixa, e un Consello Nacional de Provincias (National Council of Provinces), ou cámara alta.
A Asamblea Nacional tén 400 membros, eleitos en representación proporcional. O Consello Nacional de Provincias, que substituiu o senado en 1997, está composto por 90 membros representando cada unha das nove provincias da África do Sur, ademais das grandes cidades.
Cada provincia da África do Sur tén unha Lexislatura Provincial unicameral e un Consello Executivo liderado por un primeiro-ministro (premier).
[editar] Subdivisións
A África do Sur está dividida en 9 provincias:
- Eastern Cape,
- Free State, Gauteng,
- KwaZulu-Natal,
- Mpumalanga,
- Limpopo,
- Northern Cape,
- North West
- Western Cape.
[editar] Xeografía
A África do Sur tén unha paisaxe variada. Na parte occidental, exténdese unha gran meseta composta en parte por deserto e en parte por pastos e sabanas, cortada polo curso do río Orange e do seu principal afluente, o Vaal. Ao sur, érguense as cordilleiras do Karroo e, ao leste o Drakensberg, a maior cadea montañosa da África meridional. Ao norte, o curso do rio Limpopo serve de fronteira coa Botswana e Zimbabwe.
O clima varía entre unha pequena zona de clima mediterráneo, no extremo Sur, na rexión do Cabo, a desértico ao noroeste. No Drakensberg hai áreas con clima de montaña.
A maior cidade é Johanesburgo. A Cidade do Cabo, Durban e Pretoria son outras cidades importantes.
[editar] Economía
- Ver artigo principal: [[Economía de Sudáfrica]].
A África do Sur é un dos maiores produtores de ouro e diamantes. Existen grandes diferenzas entre a poboación de orixe europeia, máis rica, e a poboación de orixe africana, mais pobre.
[editar] Cultura
[editar] Linguas
Sudáfrica tén 11 linguas oficiais : inglés, afrikaans, zulú, swati, ndebele, linguas sesotho do norte e do sur, Tsonga, tswana , venda e xhosa.
O país recoñece ademais oito non oficiais: fanagalo, lobedu, ndebele, phuthi, linguaxe de sinos sudafricana, khoe, nama e san. Éstas pódense usar en certos usos oficiais en áreas limitadas onde se determinou que estas linguas prevalecen.
Data | Nome en galego | Nome local | Observaions |
---|---|---|---|
[editar] Ver tamén
Países membros da Unión Africana | |
---|---|
África do Sur | Alxeria | Angola | Benín | Botsuana | Burkina Faso | Burundi | Cabo Verde | Camerún | Chad | Cimbabue | Costa do Marfil | Congo | Exipto | Eritrea | Etiopía | Gabón | Gambia | Gana | Guinea | Guinea-Bissau | Guinea Ecuatorial | Lesoto | Liberia | Libia | Madagascar | Malaui | Malí | Mauricio | Mauritania | Mozambique | Namibia | Níxer | Nixeria | Quenia | República Centroafricana | República Democrática do Congo | Ruanda | Sáhara Occidental | Santo Tomé e Príncipe | Senegal | Serra Leona | Seychelles | Somalia | Suacilandia | Sudán | Tanzania | Togo | Túnez | Uganda | Xibuti | Zambia |
Países do mundo | África |
Alxeria | Angola | Benín | Botsuana | Burkina-Faso (Ex-Alto Volta) | Burundi | Cabo Verde | Camerún | Chad | Cimbabue (Zimbabwe) | Comores | Congo | Costa do Marfil | Xibutí | Exipto | Etiopía | Eritrea | Gabón | Gambia | Gana | Guinea | Guinea-Bisau | Guinea Ecuatorial | Lesoto | Liberia | Libia | Madagascar | Malaui | Malí | Marrocos | Mauricio | Mauritania | Mozambique | Namibia | Níxer | Nixeria | Quenia | República Centroafricana | República Democrática do Congo (ex-Zaire) | República Sudafricana (África do Sur, Sudáfrica) | Reunión | Ruanda | San Tomé e Príncipe | Senegal | Serra Leona | Seixeles | Somalia | Suacilandia | Sudán | Tanzania | Tunisia | Togo | Uganda | Zambia |
Outros territorios Canarias | Ceuta | Madeira | Melilla | Sáhara Occidental | Mayotte | Illa de Reunión |
Categorías: Países | África | Sudáfrica