Tarxeta de rede
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Tarxeta de rede ou NIC (Network Interface Card) é un dispositivo electrónico que permite a un ordenador ou impresora acceder a unha rede e compartir recursos entre dous ou máis equipos (discos duros, cdrom etc). Hai diversos tipos de adaptadores en función do tipo de cableado ou arquitectura que se utilice na rede (coaxial fino, coaxial groso, etc.), pero, actualmente o máis común é do tipo Ethernet utilizando un interfaz ou conector RJ45.
As tarxetas de rede Ethernet poden variar en función da velocidade de transmisión, normalmente 10 Mbps ou 10/100 Mbps. Actualmente están comezando a se utilizar as de 1000 Mbps. Outro tipo de adaptador moi extendido até hai pouco era o que usaba conector BNC.
A tarxeta de Rede é a que permite a comunicacion e o intercambio de información entre unha ou mais computadoras conectadas nunha Rede. Converte a información de Paralelo a Serie e de Serie a paralelo, isto é, sen unha Tarxeta de Red non temos Rede!!!.
Cada tarxeta de rede ten un número identificativo único de 48 bits, en hexadecimal chamado MAC (non confundir con Apple Macintosh). Estas direccions hardware únicas son administradas polo Institute of Electronic and Electrical Engineers (IEEE). Os tres primeiros octetos do número MAC identifican provedores específicos e son designados pola IEEE.
Tamén se denomina NIC a un só chip da tarxeta de rede, este chip encargase de servir como interface de Ethernet entre o medio físico (por exemplo un cable coaxial) e o equipo (por exemplo un PC).
É un chip usado en computadoras ou periféricos tales como as tarjetas de rede, impresoras de rede ou sistemas para conectar dous ou máis dispositivos entre si a través dalgún medio, xa sexa conexión inarámica (vía ar), cable UTP, cable coaxial, fibra óptica, etc.
[editar] Véxase tamén
Informática, Periférico de ordenador, Sniffer