Videoarte
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Enténdese por videoarte a utilización de medios electrónicos (análogos ou dixitais) cun fin artístico. É claro que o vídeo non é mas ca iso, un soporte, e que o fundamental é o uso que se lle dea. A arte está en narrar e facer propostas que arrandeen as emocións do espectador e que o leven a reflexionar sobre o seu ser, esa eterna incógnita.
Os cineastas buscaron alternativas máis económicas á produción tradicional en cine, desta forma xorde o videoarte, como proposta máis enfocada a persoas que rompen cos parámetros comerciais e buscan un medio máis económico pero non por este motivo con menos valor cás formas tradicionais de produción.
A videoarte incidiu na produción de curtametraxes principalmente, a súa estética apenas se está construíndo con base en ensaio e erro e coas enormes posibilidades que brinda o soporte magnético.