Vitoria I de Inglaterra
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alexandrina Victoria foi raíña de Gran Bretaña e Irlanda de 1837 a 1901, sucedendo a Guillerme IV de Inglaterra (irmán do seu pai), co nome de Victoria I e foi proclamada emperatriz da India en 1877. Filla de Edward Augustus, duque de Kent e Strathearn e da princesa Victoria María de Saxonia Coburgo Saalfeld, naceu no palacio de Kensington o 24 de maio de 1819. Casou en 1840 no palacio de Saint James co prícipe Alberto de Saxonia Coburgo Gotha, coroado príncipe consorte en 1857. Deste matrimonio naceron:
- O rei Eduardo VII de Inglaterra
- Alfred, pai de Marie, casada co rei Fernando I de Romanía
- Arthur, pai de Margaret, casada co rei Gustavo VI Adolfo de Suecia
- Victoria, casada co emperador Federico III de Alemaña
- Alice, casada co gran duque Luís IV de Hesse e do Rin
Morreu en Osborne House, illa de Wight, o 22 de xaneiro de 1901. Está enterrada no Mausoleo Real (Royal Mausoleum) de Frogmore. A ela débese a expresión época victoriana para referirmos á época de apoxeo do Imperio Británico que tan ben describiu Charles Dickens nas súas novelas.