VRML
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
VRML (Virtual Reality Modeling Language) é unha linguaxe para o desenvolvemento de aplicacións de realidade virtual, deseñado para o seu emprego na World Wide Web.
VRML é un formato de ficheiro de texto no que se especifican os vértices e as aristas de cada polígono tridimensional.
VRML é a base sobre a que se desenvolveu X3D, que a substituiu, o que non provocou a desaparición de VRML, que aínda é amplamente usada.
[editar] Versións
A primeira versión, VRML 1.0, apareceu en outubro de 1994 e completouse en maio de 1995 feito por unha división de Silicon Graphics. A linguaxe só permitía crear mundos estáticos polo que en agosto 1996 apareceu VRML 2.0 que permitía a animación e interacción dos mundos vituais.
VRML 97 saíu en decembro de 1997 para adaptala ás específicacións ISO, e non tiña cambios substanciais en relación á anterior.