Windows ME
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O sistema operativo Windows ME foi o último de Microsoft baseado en MS-DOS. Era un sistema operativo que seguía a ter problemas de estabilidade e, ademais, na mesma data apareceu o Windows 2000, que era máis estable, xa que usa o sistema de ficheiros NT en lugar do FAT -que xa estaba anticuado-. Basicamente non introducía melloras moi significativas con respecto ao Windows 98 SE, tal vez maior número de drivers e maior compatibilidade con dispositivos multimedia.