Xenebra - Genève
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En galego: Xenebra, en castelán: Ginebra, en francés: Genève, en portugués: Genebra, en inglés: Geneva, en alemán: Genf.
Xenebra é a segunda cidade máis grande de Suíza e a capital do cantón de Xenebra. A lingua oficial é o francés.
Índice |
[editar] Tradición de acollida
Xenebra é considerada desde hai tempo como cidade de acollida, xa desde que acolleu os protestantes que seguiron a Reforma. Co acollemento de numerosos reformadores como Guillaume Farel, Xoán Calvino ou Théodore de Brèze, gañou o sobrenome de Roma protestante ou de cidade de Calvino. Numerosos persoeiros internacionais igualmente atoparon aquí refuxio, como o célebre Lenin.
[editar] Xeografía
Centro comercial, bancario, industrial, intelectual e universitario, a cidade foi construída no lugar onde o Ródano deixa o lago Léman e conflúe co Arve. Xenebra atópase nun fondo rodeada polo Salève e o Xura.
[editar] Referencia topográfica
Na rada de Xenebra atópanse as pedras de Niton, unha das cales é o punto de referencia de todas as altitudes de Suíza.
[editar] Organizacións internacionais
É grazas a esta tradición de acollida e á neutralidade de Suíza polo que numerosas organizacións internacionais decidiron instalar a súa sé en Xenebra:
- A Organización das Nacións Unidad (ONU) - Sé europea
- O Alto Comisariado das Nacións Unidas para os Refuxiados (HCR)
- O Alto Comisariado das Nacións Unidas dos Dereitos Humanos (HCDH)
- A Organización Mundial do Comercio (OMC)
- A Organización Mundial da Saúde (OMS)
- A Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT)
- A Organización Meteorolóxica Mundial (OMM)
- A Organización Mundial da Propiedade Intelectual (OMPI)
- A Organización Internacional do Traballo (OIT)
- A Organización Europea para o Desenvolvemento Nuclear (antigo CERN)
- A Comité Internacional da Cruz Vermella (CICR)
[editar] Emblema
Al longo doo quai des Eaux-Vives atópase o célebre Jet de Genève (o Chorro de Xenebra) que é o símbolo da cidade. Máis que centenario e instalado orixinalmente preto do Bâtiment des Forces Motrices (Edificio das Forzas Motrices), servía en principio para diminuír a presión nas canalizacións da cidade. Foi despois desprazada á rada e coservada polo seu atractivo turístico.
[editar] Atractivos culturais
- Xenebra acolle numerosas festas e manifestacións ao longo do ano:
- O Salón internacional do automóbil de Xenebra no mes de marzo
- A Festa da música no mes de xuño
- A Lake Parade no ms de xullo
- As Festas de Xenebra no mes de xullo-agosto
- A celebración da Escalada no mes de decembro
- Alberga, por outro lado, numerosos museos entre os cales:
[editar] Xenebreses célebres
- Jean-Jacques Rousseau, filósofo
- Jacques Necker, ministro francés de finanzas
- Ferdinand de Saussure, lingüista
- Michel Servet, médico e teólogo
- Charles Bonnet, biólogo e filósofo
- Michel Simon, actor
- Henri Dunant, fundador da Cruz Vermella
Moitos outros xenebreses de adopción descansan no panteón que é o [www.cimetieredesrois.ch/ Cemiterio dos reis]:
- Xoán Calvino, reformador picardo que marcou a historia de Xenebra e do protestantismo
- Jorge Luis Borges, escritor arxentino
- Humphry Davy, físico e químico inglés
- Guillaume-Henri Dufour, xeneral suízo
- Jean Piaget, sociólogo suízo
- Sergio Vieira de Mello, diplomático da ONU asasinado en Bagdad
[editar] Transportes
- Xenebra ten tamén un Aeroporto internacional, accesible en autobús ou en tren, a menos de 10 minutos do centro. Grandes compañías como Swiss, British Airways, Air France, Lufthansa ou EasyJet teñen liñas con destinos en toda Europa e o resto do mundo.
- No seo da cidade, os transportes públicos xenebreses explotan un río denso de autobuses e de trolebuses así como unha liña de tranvías en pleno renacemento.