Xoán VIII Paleólogo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xoán VIII (1390 - Constantinopla, 31 de outubro de 1448), alcumado Paleólogo foi emperador bizantino e fillo maior de Manuel II. En 1425 pasou a ser emperador en solitario. Casou dúas veces: primeiro con Ana, filla do Gran duque Basilio I de Moscú, en 1414; e logo con Sofía de Montferrato en 1421, cando foi nomeado co-emperador xunto ao seu pai. Non tivo fillos de ningún dos dous matrimonios.
Para buscar protección fronte á ameaza dos turcos otománs, visitou ao Papa e aceptou a unión das igrexas grega e romana, o que se ratificou en Florencia en 1439. En devandita viaxe estivo acompañado por Xurxo Gemisto Pletón, un filósofo neoplatónico que tería unha gran influencia sobre o mundo académico italiano, así como sobre o Renacemento en toda Europa occidental. A unión da igrexas fracasou, pero grazas á súa prudente política ante o Imperio otomán logrou conservar Constantinopla e en 1432 resistiu un asedio do sultán Murad II.
Designou ao seu irmán Constantino XI como sucesor, e, malia as intrigas dos seus irmáns menores, Demetrio e Tomé, a súa nai, Helena Dragas, conseguiu asegurarse a sucesión de Constantino.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Manuel II Paleólogo |
Xoán VIII Paleólogo (1425-1448) |
Precede a: Constantino XI |
Dinastía Paleólogo |