Web Analytics

See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Hepatite - Wikipedia

Hepatite

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O termo hepatite aplícase a calquera inflamación do fígado. Existen varias causas da hepatite, sendo as máis coñecidas as causadas por virus, mais poden ser tamén por intoxicacións por alcohol e outras substancias e medicamentos tóxicos. En común, todas as hepatites teñen algún grao de destrución das células hepáticas, sendo o sinal máis chamativo a ictericia, e que se caracteriza pola coloración amarelo-dourada da pel e conxuntivas. Pode ocorrer unha cor cocacola na urina (coluria) e mais feces claras, tipo masa de vidraceiro (acolía fecal). Mais estes sinais poden estar ausentes, como veremos a continuación.

Nos exames de laboratorio, todas teñen en común que o TGO e o TGP poden estar por riba do normal, así como as bilirrubinas totais, a custa das indirectas. Vexa Exames Complementares no final deste artigo.

Índice

[editar] Hepatite A

Ver artigo principal: [[Hepatite A]].

É unha hepatite infecciosa aguda causada polo virus da hepatite A, que pode cursar de forma subclínica. Altamente contaxiosa, a súa transmisión é do tipo fecal oral, ou sexa, ocorre contaminación directa de persoa a persoa ou a través do contacto con alimentos e auga contaminados, e os síntoma comezan uns 30 días despois do contaxio. É máis común onde non hai ou é precario o saneamento básico. A falta de hixiene axuda na diseminación do virus. O uso na alimentación de moluscos e ostras de augas contaminadas con esgoto e feces humanas contribúe á expansión da doenza. Unha vez infectada, a persoa desenvolve inmunidade permanente. Existe vacina segura para hepatite A. A transmisión a través de agullas ou sangue é rara. Os síntomas son de inicio súbito, con febre baixa, fatiga, mal estar, perda do apetito, sensación de desconforto no abdome, náuseas e vómitos. Pode ocorrer diarrea. A ictericia é máis común no adulto (60%) que no neno (25%). A ictericia desaparece pasadas de dúas a catro semanas. É considerada unha hepatite lene, pois non hai relatos de cronificación e a mortalidade é baixa. Non existe tratamento específico. O paciente debe recibir sintomáticos e mais tomar medidas de hixiene para prevenir a transmisión a outras persoas. Pódese prevenir pola hixiene e mellorías das condicións sanitarias, así como pola vacinación. É coñecida como a hepatite do viaxante.

[editar] Hepatite B

Ver artigo principal: [[Hepatite B]].

A súa transmisión é a través de sangue, agullas e materiais cortantes contaminados, tamén a través de tatuaxes, piercings, no dentista e ata en sesións de depilación, así como a través da relación sexual. É considerada tamén unha doenza de transmisión sexual. Os síntomas son semellantes aos das outras hepatites virais, mais a hepatite B pode tornarse crónica e provocar a cirrose hepática. A prevención faise utilizando preservativos nas relacións sexuais e non utilizando materiais cortantes ou agullas que non estean debidamente esterilizadas. Recoméndase a utilización de descartábeis de uso único. Canto máis cedo se adquire o virus, maiores son as posibilidades de ter unha cirrose hepática. Existe vacina para hepatite B, que se da en tres doses intramusculares e debe ser repetida a cada 10 anos.

[editar] Hepatite C

Ver artigo principal: [[Hepatite C]].

A máis perigosa e temida das hepatites virais, a súa transmisión é a través de sangue agullas e materiais cortantes contaminados, con transmisión moi doada e rápida. Pode ser adquirida a través de transfusión sanguínea, tatuaxes, usuarios de drogas, piercings, no dentista e en manicura. Na gran maioría dos pacientes é asintomática no período agudo da doenza, mais poden ser semellantes aos das outras hepatites virais. Estímase que o 3 % da poboación mundial estea contaminada, atinxindo niveis dez veces maiores no continente africano. A hepatite C é perigosa porque pode tornar crónica e provocar a cirrose hepática e o hepatocarcinoma, neoplasia maligna do fígado. A prevención faise evitando materiais cortantes ou agullas que non estean debidamente esterilizadas. Recoméndase utilizar descartábeis de uso único, así como material propio nas manicuras. A esterilización destes materiais é posíbel, porén non hai control e as persoas que ‘din’ que esterilizan non ten o preparo necesario para facer unha esterilización real. Non existe vacina para a hepatite C e considérase pola Organización Mundial da Saúde como o maior problema de saúde pública, é a maior causa de transplante hepático e transmítese polo sangue máis facilmente que a SIDA.

O anti-HCV positivo detecta infección actual ou pregresa. Pode ser necesaria unha biopsia hepática para descartar a súa malignidade e determinar o grao da doenza.

O interferón peguilado usase no tratamento da fase aguda, sendo asociado á ribavirina na fase crónica.

Aproximadamente a metade dos pacientes tratados curan.


[editar] Hepatite non A non B

Termo antigo moi usado para hepatites que non eran nin A nin B, que hoxe se recoñece ser a maioría do tipo C, podendo ser tamén E.

[editar] Hepatite D

Ver artigo principal: [[Hepatite D]].

Causada polo axente Delta, só ten importancia cando está asociada á hepatite B, pois poténciaa. Illadamente parece non causar infección.

[editar] Hepatite E

Ver artigo principal: [[Hepatite E]].

É unha hepatite infecciosa aguda causada polo virus da hepatite E, que pode cursar de forma subclínica. A súa transmisión é do tipo fecal oral, a través do contacto con alimentos e auga contaminados, e os síntoma comezan uns 30 días despois do contaxio. É máis común despois de enchentes Non existe vacina para a hepatite E. Os síntomas son de inicio súbito, con febre baixa, fatiga, malestar, perda do apetito, sensación de desconforto no abdome, náuseas e vómitos. Pode ocorrer diarrea. É considerada unha hepatite lene, a pesar do risco para mulleres embarazadas, principalmente no terceiro trimestre de xestación. Non existe tratamento específico. O paciente debe recibir medicamentos sintomáticos e repousar. Pode prevenirse a través de medidas de hixiene, debendo evitarse a compra de alimentos e bebidas de vendedores ambulantes.

[editar] Hepatite F

Pouco coñecida, relatouse en pacientes sometidos a transplante hepático.

[editar] Hepatite G

Tamén pouco coñecida, require máis estudos.

[editar] Outras Hepatites virais

Hai outros virus que poden causar hepatites, porén sen ser causa común. Son potencialmente causantes de hepatite en pacientes sometidos a transfusións sanguíneas e inmunodeprimidos o Epstein-Barr, o citomegalovírus e o herpes zóster.

[editar] Hepatites por Drogas

Causado por drogas hepatotóxicas, que lesionan directamente o hepatocito. O acetaminofen, substancia analxésica moito utilizada en nenos, cando utilizada en doses moito altas é altamente hepatotóxica.

[editar] Hepatite autoinmune (HAI)

Son hepatites causadas por unha auto agresión do organismo, que fabrica anticorpos que atacan e matan os hepatocitos. Isto pode acontecer porque unha bacteria, virus ou fungo pode conter unha porción moito parecida coa célula hepática, causando confusión do sistema inmunolóxico. O tratamento faise con corticoides e drogas inmunosupresoras.

[editar] Exames Complementarios

Os testes de laboratorios útiles na avaliación da función hepática son as bilirrubinas, as transaminasas (TGO e TGP), fosfatase alcalina, gammaglutamil-transferasa (gammaGT ou GGT), proteínas totais, albumina, protrombina, amonio e ácidos biliares, investigación de marcadores virais e execución de exames complementares de diagnóstico por imaxe, como o ultrasón e a tomografía computerizada. As veces pode haber necesidade de biopsia hepática, con agulla, videolaparoscopía ou a ceo aberto.

[editar] Ligazóns Externas

Manual Merck – Hepatite (en portugués)

Materia sobre hepatite(en portugués)

Static Wikipedia (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu