Joseph Conrad
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Joseph Conrad (Józef Teodor Nałęcz Konrad Korzeniowski, Berdychev, Ucraína, 1857 – Canterbury, Inglaterra, 1924) foi un novelista británico de orixe polaca.
As súas novelas etiquetadas ás veces de románticas anticipan no tratamento do colonialismo e nos tintes irónicos a nova estética do modernismo.
Índice |
[editar] Biografía
Foi fillo dun aristócrata, de quen herdaría o seu amor pola literatura. Seu pai, de ideoloxía nacionalista e liberal, sería arrestado en Varsovia polo seu apoio á insurrección polaca de 1863 e condenado a traballos forzados en Siberia polas autoridades rusas. Morta a súa nai de tuberculose en 1865 e o seu pai en 1869, un tío materno de Cracovia encargarase do pequeno Conrad ata que en 1874 viaxe a Marsella onde se embarcará como mariñeiro.
Ata 1878 navegará en mercantes franceses por Sudamérica, India, Arquipélago Malaio, África, Australia e Inglaterra, onde finalmente ingresará na Mariña Real, da que chegará a ser capitán. Adoptou a nacionalidade británica en 1886, mudando o seu nome polaco polo máis simple de Joseph Conrad.
Logo dunha tentativa de suicido fanado por unha historia de amor, e de servir durante dezaseis anos na mariña mercante británica, abandonará a súa vida de mariño e comezará a escribir. Viviu por temporadas en Londres, en Lowestoft, en Suffolk e Bishopsbourne, preto de Canterbury. Coñeceu e mantivo relacións de amizade con John Galsworthy, Rudyard Kipling, Henry James, Bernard Shaw e Bertrand Russell.
Morreu dun ataque ó corazón o 3 de agosto de 1924 e está enterrado en Canterbury.
[editar] Obras
A súa obra narrativa, escrita toda en inglés, sitúase entre o realismo literario, na tradición de Charles Dickens e Fiódor Dostoievski, e o modernismo, sendo en boa medida a síntese dunha reelaboración autobiográfica. O mar e as aventuras da vida mariña narradas cun dominio lingüístico pouco usual calaron fondo nun pobo marítimo como o inglés. Bertrand Russell, que sentía verdadeira admiración pola obra de Conrad, bautizaría un dos seus fillos co seu nome.
A súa primeira novela, Almayer's Folly (1895), sitúa a acción na costa leste de Borneo. Nostromo (1904) é un estudo panorámico da revolución en Sudamérica, mentres The Secret Agent e Under Western Eyes foron das primeiras novelas modernas en tratar do terrorismo e a espionaxe. O tránsito da mocidade ó mundo dos adultos e das súas responsabilidades é narrado co pano de fondo do mar e da vida a bordo en The shadow line. As operacións de tráfico de armas e as conspiracións políticas en que se viu envolto o Conrad mozo terían o seu reflexo na súa novela tardía, A frecha de ouro (The Arrow of Gold).
A novela máis coñecida é Corazón da escuridade(Heart of Darkness). Baseada na viaxe que fixera en 1890 polo río Congo, considérase un alegato contra do colonismo europeo en África, pero é tamén unha historia de nobres ideais que se transforman en barbarie e perversión.
[editar] Listaxe de obras
[editar] Novelas
- Almayer's Folly (1895)
- An Outcast of the Islands (1896)
- The Nigger of the 'Narcissus' (1897)
- Corazón da escuridade, Heart of Darkness (1899) (tradución ó galego de Manuel Outeiriño, 1997)
- Lord Jim (1900)
- The Inheritors (1901)
- Tifón, Typhoon 1899 (tradución ó galego de Xavier Queipo, 1999)
- Romance (1903)
- Nostromo (1904)
- The Secret Agent (1907)
- Under Western Eyes (1911)
- A Personal Record (1912)
- Chance (1913)
- Victory (1915)
- A liña de sombra, The shadow line (1916) (tradución ó galego de Ana Iglesias Francos e Benigno F. Salgado, 2000)
- The Arrow of Gold (1919)
- The Rescue (1920)
- The Nature of a Crime (1923)
- The Rover (1923)
[editar] Narrativa breve
[editar] Short stories
- "The Idiots" (o primeiro relato breve de Conrad, publicado en Savo 1896 e recollido en Tales of Unrest, 1898).
- "The Black Mate" (escrito en 1886 segundo Conrad; publicado en 1908; recollido postumamente en Tales of Hearsay, 1925).
- "The Lagoon" (composto en 1896; publicado en Cornhill Magazine 1897; recollido en Tales of Unrest, 1898).
- "An Outpost of Progress" (redactado en 1896 e recoñecido en 1906 por Conrad, despois da publicación de Lord Jim e Heart of Darkness, como o seu mellor relato breve; publicado en Cosmopolis 1897 e recollido en Tales of Unrest 1898; comparado con Heart of Darkness, novela coa que ten numerosas afinidades temáticas).
- "The Return" (escrito en torno a 1897; recollido en Tales of Unrest, 1898; Conrad odiábao).
- "Karain: A Memory" (escrito en 1897 e publicado ese mesmo ano en Blackwood's; recollido en Tales of Unrest, 1898).
- "Falk" (novela breve escrita en 1901; recollida en Typhoon and Other Stories, 1903).
- "Amy Foster" (redactada en 1901; publicada en Illustrated London News e compilada con outros relatos breves en Typhoon and Other Stories, 1903).
- "To-morrow" (escrita en 1902; serializada en Pall Mall Magazine, 1902, e recollida en Typhoon and Other Stories, 1903).
- "Gaspar Ruiz" (escrita despois de "Nostromo" en 1904-1905; publicada en Strand Magazine en 1906 e recollida en A Set of Six, 1908. Este relato foi o único adaptado para o cine polo autor como Gaspar the Strong Man, 1920).
- "An Anarchist" (escrito en 1905; serializado en Harper's in 1906; aparece en A Set of Six, 1908)
- "The Informer" (escrito antes de xaneiro de 1906; publicado en decembro en Harper's e recollido en A Set of Six, 1908)
- "The Brute" (escrito a comezos de 1906; publicado en The Daily Chronicle en decembro de 1906; recollido en A Set of Six, 1908)
- "The Duel" (publicado en varias entregas no Reino Unido (RU) en Pall Mall Magazine en 1908; recollido en A Set of Six en 1908 e publicado por Garden City Publishing in 1924.)
- "Il Conde" (i.e., 'Conte' [count]: apareceu en Cassell's [RU] 1908 e Hampton's [EUA] en 1909; recollido en A Set of Six, 1908)
- "The Secret Sharer" (escrito en decembro de 1909; publicado en Harper's e recollido en Twixt Land and Sea 1912)
- "Prince Roman" (escrito en 1910, publicado en 1911 en Oxford and Cambridge Review; baseado na historia do Príncipe Roman Sanguszko de Polonia 1800-1881)
[editar] Ligazóns externas
- Vida e obra de Joseph Conrad
- Vida e obra de Joseph Conrad
- Biografía de Conrad en francés
- Joseph Conrad at Penn State's Electronic Classics
- Páxina persoal sobre adaptacións cinematográficas da obra de Conrad
- Biblioweb Biografía e resumos de varias obras en francés
- Páxina de Conrad no Literary Journal.com Artigos de investigación sobre a obra de Conrad.