Khilderico I
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Khilderico I (cara a 436 – 481, Tournai, Bélxica), Rei dos Francos Salios no ano 457.
Quizais foi fillo de Meroveo. Casa con Basine de Turinxia e ten por fillo a Clodoveo I.
Este príncipe, foi secuestrado cando era pequeno por un destacamento do exército dos hunos e liberado de forma milagrosa por un bravo franco chamado Viomade. Tiña valor e coraxe, pero era de corazón tenro e os señores franceses molestos polos amoríos que tiña coas súas mulleres, aliáronse para destronalo, polo que se retirou a Alemaña, onde volve caer nos mesmos erros e seduce a Basine, esposa do rei de Turinxia, o seu hóspede e amigo.
Khilderico volve facerse co trono, do que o botaron as súas galanterías, logo de gañar unha batalla. A raíña de Turinxia, Basine, abandona ao seu marido e casa con Khilderico, con gran escándalo de moita xente, que reclaman en balde os dereitos matrimoniais e as leis inviolábeis da amizade. Deste matrimonio naceu o gran Clodoveo I.
O final do seu reinado estivo sinalado por moitos éxitos gloriosos. Derrota preto de Orléans ao exército de Odoacro, rei dos saxóns (e conquistador no ano 476 do Imperio Romano de Occidente), toma Angers e sométea á pillaxe. Mata coa súa propia man ao conde Paulo, que estaba ao mando das tropas do Emperador. Asina un tratado de paz con Odoacro e únese cos saxóns para exterminar aos alamáns que invadiran unha parte de Italia. A conquista de Alemaña foi o último feito memorábel deste príncipe. Morreu pouco despois, no vixésimo cuarto ano do seu reinado e foi enterrado na vila de Tournai. A súa tumba foi descuberta o ano 1653.
Sucédeo o seu fillo Clodoveo I.
Reino franco | ||
---|---|---|
Segue a: Meroveo |
Khilderico I (457-481) |
Precede a: Clodoveo I |
Merovinxios |