Ouro (elemento)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||||||||||||
Xeral | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nome, símbolo, número | Ouro, Au, 79 | ||||||||||||
Serie química | Metais de transición | ||||||||||||
Grupo, período, bloque | 11, 6 , d | ||||||||||||
Densidade, dureza Mohs | 19300 kg/m³; 2,5 | ||||||||||||
Aparencia | Amarelo metálico |
||||||||||||
Propiedades atómicas | |||||||||||||
Peso atómico | 196,96655 uma | ||||||||||||
Radio medio† | 135 pm | ||||||||||||
Radio atómico calculado | 174 pm | ||||||||||||
Radio covalente | 144 pm | ||||||||||||
Radio de Van der Waals | 166 pm | ||||||||||||
Configuración electrónica | [Xe]4f145d106s1 | ||||||||||||
Estados de oxidación (óxido) | 3, 1 (anfótero) | ||||||||||||
Estrutura cristalina | Cúbica centrada nas caras |
||||||||||||
Propiedades físicas | |||||||||||||
Estado da materia | Sólido | ||||||||||||
Punto de fusión | 1337,33 K | ||||||||||||
Punto de ebulición | 3129 K | ||||||||||||
Entalpía de vaporización | 334,4 kJ/mol | ||||||||||||
Entalpía de fusión | 12,55 kJ/mol | ||||||||||||
Presión de vapor | 0,000237 Pa a 1337 K | ||||||||||||
Velocidade do son | 1740 m/s a 293.15 K | ||||||||||||
Información diversa | |||||||||||||
Electronegatividade | 2,54 (Pauling) | ||||||||||||
Calor específica | 128 J/(kgK) | ||||||||||||
Condutividade eléctrica | 45,2 x 106/m ? | ||||||||||||
Condutividade térmica | 317 W/(mK) | ||||||||||||
1º potencial de ionización | 890,1 kJ/mol | ||||||||||||
2º potencial de ionización | 1980 kJ/mol | ||||||||||||
Isótopos máis estables | |||||||||||||
|
|||||||||||||
Valores no SI e en condicións normais (0 ºC e 1 atm), salvo que se indique o contrario. †Calculado a partir de distintas lonxitudes de enlace covalente, metálico o iónico. |
O ouro é un elemento químico de número atómico 79 situado no grupo 11 da táboa periódica. O seu símbolo é Au (do latín aurum). O ouro é un metal de transición brando, brillante, amarelo, pesado, maleable, dúctil (trivalente e univalente) que non reacciona coa maioría de produtos químicos, pero é sensible ao cloro e ao auga rexia. O metal atópase normalmente en estado puro e en forma de pebidas e depósitos aluviais e é un dos metais tradicionalmente empregados para acuñar moedas. O ouro utilízase na ourivería, a industria e a electrónica.
Índice |
[editar] Características principais
O ouro é un elemento metálico que exhibe unha cor amarela en bruto, pero que pode mostrarse negro, rubí ou morado en divisións finas. É considerado por algúns como o elemento máis belo de todos e é o metal máis maleable e dúctil que se coñece. De feito, unha onza (28,35 g) de ouro pode moldearse nunha saba que cubra 28 metros cadrados. Como é un metal brando, as aliaxes con outros metais co fin de proporcionarlle dureza son frecuentes.
Trátase dun metal moi denso, cun alto punto de fusión e unha alta afinidade electrónica. Os seus estados de oxidación máis importantes son 1 e 3. Tamén se atopa no estado de oxidación 2, así como en estados de oxidación superiores, pero é menos frecuente.
Ademais, o ouro é un bo condutor da calor e da electricidade, e non lle afecta o aire nin a maioría de axentes químicos. Ten unha alta resistencia á alteración química por parte da calor, a humidade e a maioría dos axentes corrosivos, e así está ben adaptado ao seu uso na acuñación de moedas e na ourivería.
[editar] Aplicacións
O ouro puro é demasiado brando para ser usado normalmente e endurécese en aliaxe con prata e/ou cobre, co cal o ouro poderá ter distintos tons de cor ou matices. O ouro e os seus moitas aliaxes empréganse bastante en ourivería, fabricación de moedas e como patrón monetario en moitos países. Debido á súa boa condutividade eléctrica e resistencia á corrosión, así como unha boa combinación de propiedades químicas e físicas, comezouse a empregar a finais do século XX como metal na industria. Outras aplicacións:
- O ouro exerce funcións críticas en ordenadores, comunicacións, naves espaciais, motores de avións a reacción, e outros moitos produtos.
- A súa alta condutividade eléctrica e resistencia á oxidación permitiu un amplo uso como capas delgadas electrodepositadas sobre a superficie de conexións eléctricas para asegurar unha conexión boa, de baixa resistencia.
- Como a prata, o ouro pode formar fortes amalgamas co mercurio que ás veces se emprega en empastes dentais.
- O ouro coloidal (nanopartículas de ouro) é unha solución intensamente coloreada que se está estudando en moitos laboratorios con fins médicos e biolóxicos. Tamén é a forma empregada como pintura dourada en cerámicas.
- O ácido cloroaúrico emprégase en fotografía.
- O isótopo de ouro 198Au, dunha vida media de 2,7 días, emprégase nalgúns tratamentos de cancro e outras enfermidades.
- Emprégase como recubrimento de materiais biolóxicos permitindo ser visto a través do microscopio electrónico de varrido (SEM).
- Emprégase como recubrimento protector en moitos satélites debido a que é un bo reflector da luz infravermella.
[editar] Historia
O ouro, de símbolo Au (do latín aurum), coñécese dende a antigüidade. Por exemplo, existen xeroglíficos exipcios de 2600 a. C. que describen o metal, e tamén se menciona varias veces no Antigo Testamento. Considerouse como un dos metais máis preciosos e o seu valor empregouse como estándar para moitas moedas ao longo da historia.
[editar] Simboloxía do ouro
O ouro empregouse como símbolo de pureza, valor, realeza, etc.
Un dos principais obxectivos dos alquimistas era producir ouro partindo doutras substancias, como o chumbo.
Moitas competicións premian ao gañador cunha medalla de ouro, unha de prata para o segundo e unha de cobre para o terceiro (os tres conforman o grupo 11 da táboa periódica dos elementos).
[editar] Papel biolóxico
O ouro non é un elemento esencial para ningún ser vivo. Algúns tiolatos (ou parecidos) de ouro (I) empréganse como antiinflamatorios no tratamento da artrite reumatoide e outras enfermidades reumáticas. Non se coñece ben o funcionamento destes sales de ouro. O uso de ouro en medicina é coñecido como crisoterapia.
A maioría destes compostos son pouco solubles e é necesario inxectalos. Algúns son máis solubles e pódense administrar por vía oral. Este tratamento adoita presentar bastantes efectos secundarios, xeralmente leves, pero é a principal causa de que os pacientes o abandonen.
[editar] Compostos
O tricloruro de ouro (AuCl3) e o ácido cloroáurico (HAuCl4) son algúns dos compostos máis comúns de ouro.
Malia ser un metal nobre pode formar moitos compostos. Xeralmente o ouro presenta os estados de oxidación 1 ou 3. Os complexos que forma adoitan ter baixos índices de coordinación e mostra unha alta tendencia á linearidade: L-Au-L.
Forma o óxido de ouro (III), Au2Ou3, existen os haloxenuros nos estados de oxidación 1 e 3, así como complexos de ouro no estado de oxidación 1, 3. Tamén existen algúns complexos raros de ouro nos estados de oxidación 2 e 5.
Tamén forma cúmulos de ouro (compostos clister). Neste tipo de compostos hai enlaces entre os átomos de ouro. A algúns destes compostos denomínaselles "ouro líquido".
[editar] Abundancia e obtención
Debido a que é relativamente inerte, adóitase atopar como metal, ás veces como pebidas grandes, pero xeralmente se achan en pequenas inclusións nalgúns minerais, vetas de seixo, lousa, rochas metamórficas e depósitos aluviais orixinados destas fontes. O ouro está amplamente distribuído e a miúdo atópase asociado aos minerais seixo e pirita, e combínase con teluro nos minerais calaverita, silvanita e outros. Sudáfrica é o principal productor de ouro cubrindo aproximadamente dous terzos da demanda global.
O ouro extráese por lixiviación con cianuro. O uso do cianuro facilita a oxidación do ouro formándose Au(CN)22- na disolución. Para separar o ouro vólvese a reducir empregando, por exemplo, zinc. Intentouse substituír o cianuro por algún outro ligando debido aos problemas medioambientais que xera, pero ou non son rendibles ou tamén son tóxicos.
Hai unha gran cantidade de ouro nos mares e océanos, sendo a súa concentración de entre 0,1 μg/kg e 2 μg/kg, pero neste caso non hai ningún método rendible para obtelo.
[editar] Isótopos
Só existe un isótopo estable do ouro. Tamén existen 18 radioisótopos, sendo 195Au o máis estable cunha vida media de 186 días.
[editar] Precaucións
O corpo humano non absorbe ben este metal, e os seus compostos non adoitan ser moi tóxicos. Con todo, ata o 50% de pacientes con artrose tratados con medicamentos que contiñan ouro sufriron danos hepáticos e renais.
[editar] Análise de ouro e prata pola técnica de ensaio a lume
O método de ensaio a lume consiste en producir unha fusión da mostra usando reactivos fundentes adecuados para obter dúas fases líquidas: unha escoura constituída principalmente por silicatos complexos e unha fase metálica constituída por chumbo, o cal colecta os metais nobres de interese (Au e Ag). Os dous líquidos sepáranse en dúas fases debido á súa respectiva inmiscibilidade e gran diferenza de densidade, estes solidifican ao arrefriar. O chumbo sólido (cos metais nobres colectados) é separado da escoura como un régulo. Este régulo de chumbo obtido é oxidado en quente en copela de magnesita e absorbido por ela, quedando na súa superficie o botón de ouro e prata, elementos que se determinan posteriormente por método gravimétrico (por peso) ou mediante espectroscopia de Absorción Atómica.
[editar] Enlaces exteriores
- WebElements.com - Ouro (en inglés)
- EnvironmentalChemistry.com - Ouro (en inglés)
- Gold as non-government issued
- Prezos do ouro e economía (en inglés)
Segundo o Evanxeo de San Mateo, é un dos agasallos que os reis meigos ofreceron ao neno Xesús na Epifanía
O relato está en Mateo 2:11, E ao entrar na casa, viron ao neno coa súa nai María, e postrándose, adorárono; e abrindo os seus tesouros, ofrecéronlle presentes: ouro, incenso e mirra (edición da Biblia de Raíña-Valera 1960).