Web Analytics

See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Pedro, Papa - Wikipedia

Pedro, Papa

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Papas do Século I
Papa do Século I ó Século II
Antipapa/s
  • Ningún

Simón (hebreo: שמעון ("Shimon")), chamado tamén Pedro ou Cefas (Betsaida, ? - Roma, 29 de xuño de 67), foi, de acordo coa tradición cristiá, un dos doce apóstolos, discípulos de Xesús de Nazaré, a quen deixou encargado de dirixir o resto da súa Igrexa. Foi o primeiro patriarca de Antioquía e bispo de Roma e o primeiro Papa, dacordo coa Igrexa Católica Romana.

O seu nome de nacemento era Shimón, pero recibiu de Xesús o nome de Pedro (do grego πετρα ou o latín petra, "pedra") ao recoñecer que este era o Mesías, fillo de Deus (Mateo 16:17-19, Marcos 8:29, Lucas 9:20), para indicar que sería a pedra angular da súa Igrexa. Paulo de Tarso chamouno nos seus escritos כיפשׁ, "Keyfas", o equivalente arameo de Pedro, aínda cando predica en grego; Xoán o Evanxelista chamouno, polo xeral, "Simón Pedro".

É patrón dos Papas, dos pescadores, dos mariñeiros, dos panadeiros, dos segadores, dos carniceiros, dos cristaleiros, dos zapateiros, dos reloxeiros, dos ferreiros, dos albaneis, dos construtores de pontes, dos fiadores e dos penitentes. A súa axuda invócase para as mordeduras de serpe, a rabia, a posesión diabólica, o roubo e as enfermidades das pernas.

Índice

[editar] Vida

Non se conta con máis detalles sobre a vida de Pedro que os que recolle no Novo Testamento, excepto por algúns documentos de Clemente Romano que tratan dos derradeiros anos da súa vida. De acordo coa narración evanxélica, Pedro era un pescador galileo, oficio que exercía co seu irmán André; estaba ou tiña estado casado, posto que a curación da súa sogra se recolle nos evanxeos sinópticos (Mateo 8:14-17, Template:Biblia, Lucas 4:38).

Pedro incorporouse ao grupo dos apóstolos a principios do ministerio de Xesús en Galilea. Segundo o testemuño de Xoán (Xoán 1:40-42), foi o seu irmán Andrés quen o introduciu ao grupo, tras terse contado ambos entre os seguidores de San Xoán o Bautista. A narración dos sinópticos contradí esta versión, sen embargo, narrando a historia de que ao ver a ambos recoller as redes, Xesús invitou aos dous irmáns a facerse pescadores de homes (Mateo 4:18-22, Marcos 1:16-20, Lucas 5:1-10).

Pedro formou parte do grupo dos doce apóstolos; case invariablemente, os evanxelistas noméano á cabeza do grupo. Foi un dos tres discípulos íntimos, que, segundo a Biblia, foron testemuñas da transfiguración de Xesús (Marcos 9:1), sobre a que logo se estendería nos seus escritos. Tras recoñecer en Xesús ao Mesías agardado (Marcos 8:29), recibiu del a profecía de que sería a base da Igrexa.

Niso baséase a tradición católica que fai del bispo de Roma, cargo que Pedro ocupou denantes de morrer, a cabeza da Igrexa.

Os evanxeos recollen tamén a profecía de Xesús de que Pedro o traizoaría tres veces. Aínda cando a noite da derradeira cea, Pedro xurou non apartarse de Xesús, ao seren interrogados polos soldados do Sumo Sacerdote que o tiñan detido, negou tres veces coñecelo antes do canto do galo, é dicir, antes de que a noite rematase (Mateo 26:69-75, Marcos 14:66-72, Lucas 22:54-62, Xoán 18:25-27). Logo da resurrección segundo relata San Xoán (Xoán 21:15-17), Xesús resucitado aparécese ante os discípulos e dirixíndose a Pedro faille reafirmar tres veces o seu amor por El.

Trala morte de Xesús, a figura de Pedro é menos precisa. Se ben varios dos evanxeos —tanto canónicos como apócrifos— deixan entrever que tiña sido especialmente favorecido por Xesús, os testemuños non son sempre coherentes. O autor de Feitos dos Apóstolos, sen embargo, presenta a Pedro como unha figura crucial das comunidades paleocristiáns; é el quen preside a selección da substitución de Xudas Iscariote (Feitos 1:15-26) e quen é examinado publicamente polo Sanedrín (Feitos 4:7-22, Feitos 5:18-42), tras ter curado milagrosamente a un home ás portas do Templo de Xerusalén, ademais de emprender misións a Lidia, Iaffa e Cesarea e de estar presente no Concilio de Xerusalén, cando Paulo sostén que a mensaxe de Xesús se estende tamén aos xentís. A prédica de Pedro, sen embargo, estivo polo xeral limitada ao pobo xudeu.

O autor dos Feitos, sen embargo, céntrase logo nas obras de Paulo, polo que dos anos posteriores é moito o que se ignora. De acordo coa epístola aos Gálatas, trasladouse a Antioquía, onde Paulo o encontrou máis tarde (Gálatas 2:11); tradicionalmente considérase o primeiro bispo e patriarca da cidade. A primeira epístola aos Corintios deixa entrever que Pedro quizais visitou a cidade nas súas misións (1Corintios 1:12).

[editar] Morte de Pedro

A tradición narra que Pedro acabou os seus días en Roma, onde foi bispo, e que alí morreu martirizado baixo o mandato de Nerón no Circo Vaticano, sepultado a pouca distancia do lugar do seu martirio e que a principios del século IV o emperador Constantino mandou construír a gran basílica vaticana.

Clemente Romano, na súa carta aos corintios, data a súa morte na época das persecucións de Nerón. O evanxeo de Xoán di que Pedro foi crucificado boca abaixo. Pedro de Alexandría, que foi bispo desa cidade e faleceu en torno a 311, escribiu un tratado chamado Penitencia, no que di: "Pedro, o primeiro dos apóstolos, sendo apresado a miúdo e encerrado en cadea e tratado con ignominia, foi finalmente crucificado en Roma". Oríxenes no seu Comentario ao libro do Xénese III, citado por Eusebio de Cesarea, di que Pedro pediu ser crucificado testa abaixo por non considerarse digno de morrer do mesmo xeito que Xesús. O mesmo relata San Xerome na súa obra Vidas de homes ilustres.

Flavio Xosefo relata que a práctica de crucificar criminais en posicións distintas era común entre os soldados. O texto de 1Pedro 5:13, que envía saúdos dende "a Igrexa que está en Babilonia" entendeuse tamén moitas veces en sentido figurativo, como sinal de que Pedro escribía dende Roma.

En todo caso, é concluínte a evidencia de que, cando Paulo escribiu a súa epístola aos Romanos, Pedro non se atopaba na cidade. O primeiro que menciona a Pedro como bispo de Roma é Ireneo de Lión, xa no século II.

[editar] Pescuda dos seus restos

En 1939 o Papa Pío XII ordenou a escavación nos subterráneos do Vaticano para tratar de achar unha resposta á tradición que naquel tempo se poñía en dúbida: que o Vaticano era a auténtica tumba do apóstolo Pedro. As escavacións duraron ata 1949. Atopouse unha necrópole que se estendía de oeste a leste en paralelo ao Circo de Nerón. A necrópole estaba inundada de terra, posiblemente por ser a base da basílica primixenia. Atopáronse cinco monumentos, o mais antigo databa do século II. Incluíase unha parte dun edificio pegado a un muro revocado en vermello que servía de fondo para o máis antigo dos monumentos. Neste edificio pequeno encontráronse unhas inscricións que datan de antes de Constantino, mostra da devoción dos fieis. Unha das inscricións sinalaba "Petrus Eni" (Pedro está aquí). Asemade, atopouse un lugar onde debería encontrarse a tumba pero non se achou nada. Pola evidencia dada, Pío XII suspendeu as escavacións e anunciou que conseguírase atopar a tumba de Pedro.

Margareta Guarducci, arqueóloga, proseguiu as investigacións en 1952. Estudou e descifrou o famoso muro das inscricións e descubriu o uso dunha criptografía de xeito místico: o uso repetitivo das letras "P", "PE" e "PET" como abreviatura do nome de Pedro, aínda que normalmente era vinculado ao nome de Cristo. Así mesmo hai aclamacións a Cristo, María, Pedro, a Cristo como segunda persoa da Trindade e á Trindade.

Os restos físicos de Pedro foron atopados anos despois. A arqueóloga armou a historia: cando Constantino quixo facer a Basílica os ósos foron desenterrados e envoltos nun manto de púrpura e ouro e depositados no nicho onde debían de estar, pero durante as escavacións os obreiros usaron o martinete para derrubar muros e, por chegar rapidamente á tumba, provocaron un derrube sobre os restos. Todo mesturado tomou a aparencia de desfeitos. Monseñor Cas, xefe da Fábrica de San Pedro, gardou todo resto humano que se atopaba e os restos estiveron así gardados dez anos sen saber a súa procedencia.

O antropólogo Venerando Correnti estudou os ósos e sinalou que había ósos humanos e de rato, un rato que debeu quedar atrapado tempo despois de producido o enterro. Os ósos humanos presentaban as seguintes características:

  1. Tiñan adherida terra, mentres que os ósos de rato estaban limpos. Analizouse a terra adherida aos ósos humanos e é a mesma terra da tumba aberta e que foi atopada baleira, identificada por Pío XII como a de san Pedro, as tumbas lindeiras tiñan outra clase de terra.
  2. Os ósos están coloreados de vermello por ter estado envoltos nun pano de púrpura e ouro. Hai fíos de ouro e da tea incluso adheridos a algúns ósos. Debían de ser ósos dunha persoa moi venerada, pois os envolveron nun rico pano de púrpura e ouro, para gardalos nese nicho. Parece que estes ósos foron retirados da tumba de terra e gardados para protexelos da humidade do terreo. Este nicho permaneceu intacto dende Constantino ata hoxe.
  3. Os ósos humanos son da mesma persoa: varón, de complexión robusta, que morreu a unha idade avanzada e viviu no século I.

En 1964 as investigacións de Guarducci remataron e un ano despois publicouse o seu libro Reliquie Di Pietro Sotto La Confossione della Basílica Vaticana ("As reliquias de San Pedro baixo a confesión da Basílica Vaticana"), libro fortemente discutido. En 1968 Paulo VI anunciou que, segundo os estudos científicos realizados, había a suficiente certeza de que se atoparan os restos do apóstolo.

[editar] Escritos

Entre os escritos do Novo Testamento, considerase habitualmente que o evanxeo de San Marcos recolle as ensinanzas de Pedro por parte dun dos seus discípulos. Ademais, dúas epístolas atribúense tradicionalmente a Pedro. Sen embargo, os orixinais gregos son moi superiores na súa redacción ao esperable nun rústico pescador cuxo primeiro idioma era o arameo e que non tería estudado o grego nin retórica (Feitos 4:13). A explicación tradicional é que, ao menos a primeira das epístolas foi redactada por un amanuense que, se non recolleu directamente de boca de Pedro as súas opinións, coñecíao o suficientemente ben como para falar no seu nome.

Sen embargo, a autenticidade da segunda epístola carece hoxe en día de defensores. De acordo cos estudos de Raymond E. Brown, o seu texto era descoñecido en Occidente ata arredor do ano 350 e logo foi rexeitada por moitos cristiáns. En Oriente a súa aceptación chegou aínda máis tarde, no século VI nalgúns casos. En calquera caso, a primeira mención do texto é unha referencia a Oríxenes recollida por san Eusebio arredor de 250. Numerosos autores teñen sinalado que o estilo é moi similar ao dunha carta apócrifa antigamente atribuída a Clemente Romano (a segunda epístola de Clemente), polo que é posíbel que o seu autor fose o mesmo. Razóns argumentais demostraron que o seu redactor coñecía a epístola de Xudas.

Outras obras apócrifas teñen circulado coa pretensión de recoller as palabras ou os feitos de Pedro. Dende a antigüidade, sen embargo, tense cuestionada a súa autenticidade. Estas inclúen:

  • O evanxeo de Pedro.
  • Os Feitos de Pedro.
  • Unha carta de Pedro a San Filipe, conservada na biblioteca de Nag Hammadi.
  • Un Apocalipse de Pedro, considerado auténtico ata entrado o século IV.
  • A epistola Petri, unha carta que consta ao inicio dalgunhas versións das obras de Clemente.

[editar] Iconografía

En honra á profesión petrina, os Papas da Igrexa Católica Romana levan un anel coa imaxe do santo botando as redes ao mar, chamado Anel do Pescador.

No pasaxe de Mateo 16 en que Xesús nomea a Pedro base da Igrexa, o evanxelista engade que recibirá as chaves do Ceo e da terra. Esta é probablemente a base da representación habitual de Pedro na iconografía como portador dun par de chaves, que constan tamén na heráldica vaticana.

A representación convencional de Pedro preséntao xa ancián, portando as chaves. Entre os seus atributos cóntanse tamén o barco (pola súa profesión), o libro e o galo (pola sua traizón). Ocasionalmente revísteselle dos atributos do seu cargo bispal ou papal, si ben as tradicións relativas a estes non se fixaron ata moito máis tarde. As escenas do seu martirio preséntano polo xeral testa abaixo.

Static Wikipedia (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu