Ahmedabad - અમદાવાદ
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ahmedabad, અમદાવાદ en guxaratí, é a cidade máis grande do Guxarat e a sexta da India. 3.724.300 habitantes
Coñecida tamén como Karnavati. Ahmedabad é a capital do distrito de Ahmedabad District, e foi a primeira capital do estado de Guxarat entre1960 e 1970.
Despois dunha batalla co rei dos Bhils Ashapall, o rei Karandev I de Anhilwara no século XI fundou a cidade co nome de Karnavati nas beiras do río Sabarmati. Conquistada no ano 1411 polo sultán Ahmed Shah, converteuna na capital do sultanato de Guxarat. En 1573 pasou ao Imperio Mogul
Entre os seus monumentos destaca a Mezquita Jama Masjid (1424) e o Mausoleo de Ahmed Shah.