Gottfried Wilhelm Leibniz
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O alemán Gottfried Wilhelm von Leibniz (1 de xullo de 1646, en Leipzig - 14 de novembro de 1716, en Hanover) foi filósofo, científico, matemático, diplomático e bibliotecario. Acredítaselle a creación do termo "función" (1694), que usou para describir unha cantidade relacionada cunha curva; como, por exemplo, a inclinación dunha curva ou un punto calquer dunha curva. En xeral, xunto con Newton, considérase a Leibniz como protagonista do desenvolvemento do cálculo moderno; en particular polo seu desenvolvemento do Cálculo Integral e da Regra do produto.
[editar] Orixes
Leibniz era fillo dun profesor de filosofía moral e pertencia a unha familia que servira ao goberno saxonico durante tres xeracións. Demostrou xenialidade tamén nos campos da lei, relixión, política, historia, literatura, lóxica, metafísica e filosofia. Foi o primeiro en comprender que a anatomia da lóxica -- “as leis do pensamento”- é un asunto de análise combinatoria. Na súa visión da existencia dunha “característica universal”, Leibniz atopábase dous séculos por diante, no que concerne á matemática e á lóxica. A unión nun único cerebro, da máis alta habilidade en dous amplos dominios do pensamento matemático, o analítico e o combinatorio, ou o continuo e o descontinuo, non ten precedentes nin antes nin despois de Leibniz. El foi o único home na historia da matemática, que tivo estas dúas calidades de pensamento nun grao superlativo.
[editar] Notas biográficas
Aos 15 anos, entrou na Universidade de Leipzig como estudante de Dereito. Aos 17 anos obtivo o grao de bacharelato, polo seu ensaio preenunciando unha das máis importantes doutrinas da súa posterior filosofía. Aos 22 anos, foille recusado o grao de doutor alegándose a xuventude de Leibniz. Tiña vinte e seis anos cando pasou a ter aulas con Christiaan Huyges, que aínda que fose principalmente un físico, alguns dos seus mellores traballos tratan da teoría ondulatoria da luz. A maior parte dos papeis en que rascuñaba as súas ideas nunca revisados, e moito menos publicados, atópanse na Libraría Real de Hanover agardando o paciente traballo de estudantes. Leibniz, creou unha máquina de calcular, superior á que fora creada por Pascal, facendo as catro operacións. En Londres, compareceu a encontros da Sociedade Real, onde exhibiu a súa máquina de calcular, sendo eleito membro estranxeiro da Sociedade antes da súa volta a París en marzo de 1673. En 1676, xa tiña desenvolvidas algunhas fórmulas elementais do cálculo, e tiña descuberto o teorema fundamental do cálculo que só foi publicado o 11 de xullo de 1677, once anos despois da descoberta non publicada de Newton. No período entre 1677 e 1704, o cálculo Leibniziano foi desenvolvido como instrumento de forza real, e doada aplicabilidade no Continente, mentres na Inglaterra, debido á desgana de Newton en dividir as súas descobertas matemáticas, o cálculo continuaba unha curiosidade relativamente non procurada. Durante toda a súa vida, paralelamente á matemática, Leibniz traballou para aristócratas, buscando nas súas xenealoxías probas legais do seu dereito ao título, tendo pasado os seus últimos cuarenta anos, traballando exclusivamente para a familia Brunswick chegando a confirmar aos seus empregadores, o dereito a metade de todos os tronos da Europa. As súas pesquisas leváronno a través de Alemaña, Austria e Italia de 1687 a 1690. En 1700, Leibniz organizou a Academia de Ciencias de Berlín da cal foi o primeiro presidente. Esta Academia permaneceu como unha das tres ou catro principais do Mundo, ata que os Nazis a eliminaron. Morreu solitario e esquecido, tendo sido acompañado, á súa última morada, polo seu secretario, única testemuña dos seus últimos días.
[editar] Polémica sobre o Cálculo Diferencial
Entre as moitas aportacións que fixo ás matemáticas destaca o Cálculo Diferencial, que foi descuberto por Leibniz e Isaac Newton de xeito independente. Isto provocou unha longa controversia entre os matemáticos ingleses e os do continente pola autoría deste descubrimento, que levaría ó illamento dos matemáticos británicos durante dous séculos (que seguían a usar a complexa notación usada por Newton) o que lles producíu un notable retraso neste campo. Mentres, os europeos usaron a notación de Leibniz, moito máis sinxela e práctica e que se segue a usar hoxe en día.