Prostitución
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A prostitución consiste na venta de servicios sexuais a cambio de diñeiro ou outro tipo de retribucións, xeralmente efectuada de forma habitual e sen máis criterio na elección do cliente que a de recibir un pago a cambio. Unha persoa que vende servizos sexuais é unha prostituta ou un prostituto. Nun sentido máis xenérico e coloquial da palabra, dise tamén que se prostitúe calquera persoa que vende os seus servizos profesionais por unha causa que considera indigna, co único alicente de recibir un pago.