Michael Schumacher
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Michael Schumacher | |
Carreira na Fórmula 1 | |
Nacionalidade | Alemán |
---|---|
Anos en activo | 1991 – 2006 |
Escudería(s) | Jordan, Benetton, Ferrari |
Grandes Premios disputados | 250 |
Campionatos | 7 (1994, 1995, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004) |
Vitorias | 91 |
Podios | 154 |
Pole positions | 68 |
Voltas rápidas | 76 |
Primeiro GP | Gran Premio de Bélxica de 1991 |
Primeira vitoria | Gran Premio de Béxica de 1992 |
Derradeira vitoria | Gran Premio de China de 2006 |
Derradeiro GP | Gran Premio de Brasil de 2006 |
MICHAEL SCHUMACHER naceu o 3 de maio de 1969 en Hürth-Hermülheim, Alemaña. Está casado e ten 2 fillos, mide 1'74 m e pesa uns 75 quilos. É irmán do tamén piloto de Fórmula 1 Ralf Schumacher.
Con tan só catro anos de idade xa sentía paixón polo automobilismo e esa foi a idade na que, por primeira vez, se subiu a un kart.
Con 18 anos, no 1987 Michael foi campión de Europa e Alemaña en karting. Foi o seu primeiro gran título dos moitos que logo acadou.
Ao ano seguinte instalouse na Fórmula Ford 1600. Pero como Michael nunca se daba por vencido, no 1989 comezou a participar na Fórmula 3000 alemana, na que quedou terceiro.
Só estivo tres anos na F3, pois tiña un gran talento e sede de victoria. No segundo ano que estivo nesa categoría proclamouse campión e deu o gran salto á Fórmula 1. No terceiro ano da F3 xa non se encontraba en Alemaña, senón que participaba na xaponesa e compartíao con Jordan, escudería da F1 da cal era piloto de probas e na que tan só participou nunha carreira.
No 1992 Benetton botoulle o ollo a Schumacher, que aprendía con gran rapidez e facíase destacar. Ese ano rematou terceiro do mundial e ao ano seguinte, coa mesma escudería, cuarto. A súa "mala racha" en Benetton rematou no 1994, cando se proclamou campión, ao igual que o ano seguinte.
Xa por 1996, Ferrari viu a calidade de Michael e, aproveitando que non lles ía moi ben xa que levaban dende o 1979 sen gañar ningún título, ofrecéronlle un contrato. Sen dubidalo nin un segundo, Mike firmou coa escudería italiana coa que está actualmente. Nese ano quedou terceiro, ao ano seguinte tras unha instensa loita con Jacques Villeneuve terminou por ser descalificado do mundial por tratar de defender a posición na ultima carreira contra Villeneuve cunha acción antideportiva.
En 1998 volveu un Schumacher forte que quedou segundo, ao ano seguinte un accidente cando lideraba o mundial que lle rompeu unha perna deixouno sen opcións de loitar polo campionato contra Mika Häkkinen.
Os anos de esplendor de Schumi foron entre o 2000 e o 2004, anos nos que conseguíu ser campión do mundo cunha superiodidade insultante (especialmente nos anos 2001 e 2002, xuntando así, os sete títulos que hoxe en día porta.
Actualmente Michael é compañeiro de Felipe Massa e está a loitar polo mundial con Fernando Alonso.
[editar] Récords
- É o piloto con máis victorias na súa carreira, que son 83 dende 1991.
- Con máis victorias nunha tempada, 13 no 2004.
- O que máis anos consecutivos logrou, polo menos, unha victoria, 13 dende 1992 ata 2004.
- O que máis carreiras gañou consecutivamente dende o inicio da tempada, 5 en 2004, aínda que, empata con Nigel Mansell, o cal tamén logrou 5 no 1992.
- O que máis veces gañou o mesmo GP: 7 veces Magny Cours e 7 veces Gilles Villeneuve.
- O que máis veces logrou un doblete para a súa marca, 23 veces con Rubens Barrichello en Ferrari.
- O que máis veces logrou a pole nun mesmo circuíto, 8 veces en Suzuka.
- O que máis veces estivo en primeira liña na grella de saída.
- O que máis voltas rápidas logrou en carrerira, 66.
- O que máis voltas rápidas logrou no mesmo circuíto, 7 en Montmeló.
- O que máis voltas rápidas logrou nunha tempada, 10 no 2004.
- O que máis veces logrou a pole e a victoria no mesmo GP, 37 veces.
- O que máis veces logrou a pole, a victoria e a volta rápida no mesmo GP, 20 veces.
- O que máis puntos logrou nunha tempada: 148 no 2004, 144 no 2000 e 123 no 2001.
- O que máis puntos logrou na historia da Fórmula 1: 1.196 puntos.
- O que máis carreiras consecutivas rematou nos puntos, 24.
- O que máis Campionatos do Mundo gañou, 7.
- O que se proclamou campión do mundo máis pronto: 21 de xullo no 2002.
- O que foi campión do mundo durante máis tempo: 4 anos, empatado con Juan Manuel Fangio, só que este último foino por menos meses.
- O que gañou un Campionato do Mundo por unha marxe máis ampla, 67 puntos de vantaxe no 2002, 58 no 2001.